O Abeiro do Raposo
GARCÍA QUINTELA e SANTOS ESTÉVEZ sosteñen que se produce unha aliñación arqueoastronómica nos días de solsticio de inverno, xa que dende o Abeiro do Raposo é posible ver ocultarse o sol por enriba do cumio do monte do Santrocado. Pero, o máis importante é que a posición do sol no horizonte nos solpores solsticiais de inverno permite a entrada directa dun raio de luz no abeiro, por unha pequena fenda, alumeando un petroglifo.
GARCÍA QUINTELA, V; SANTOS ESTÉVEZ, M: "Alineación arqueoastronómica en A Ferradura (Amoeiro-Ourense)" en Complutum 15, Madrid, 2004.
NOTA: Existe certa confusión entre O Abeiro do Raposo e A Ferradura. A aliñación solsticial do solpor de inverno co cumio do Santrocado prodúcese no Abeiro do Raposo.